Aquí está a continuación das actuacións do día da paz.
O colexio comezou a funcionar no ano 1971. Situado na lonxitude 7º53´25" O, latitude 42º46´57" N e cunha altitude de 555m. A 3 Km. do colexio atópase o centro xeográfico de Galicia.
5 de febrero de 2012
Actuacións do día da Paz 1
Estos son os vídeos das actuacións que fixemos o día da Paz. Desexamos que vos gusten.
3 de febrero de 2012
O DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA (30-01-2012)
Estade atentos ao blog porque o luns teredes as actuacións do día da Paz á vosa disposición. Saudiños.
29 de enero de 2012
15 de enero de 2012
Nadal 2011. Parte 2.
Os rapaces e rapazas de quinto e sexto fixeron un baile chamado Chikichá.
Os compañeiros e as compañeiras de cuarto recitaron estes interesantes poemas.
Aquí tedes aos compañeiros e compañeiras de cuarto e terceiro coa actuación Alegría.
8 de enero de 2012
Nadal 2011. Parte 1.
Os nenos e as nenas de sexto e quinto que interpretan "Noite de Paz".
Os nenos e as nenas de terceiro representan "Estrela de Nadal".
Apasalo ben coa canción "Que lle daremos ao neno".
Os compañeiros e as compañeiras de terceiro cantan esta canción tan divertida.
17 de diciembre de 2011
12 de noviembre de 2011
O Samaín e o Halloween
8 de junio de 2011
Saída a Allariz
No museo do xoguete Aldara explicounos todas as marabillas que alí gardaban, sendo o que máis lles gustou o futbolín inglés, as casiñas e obxetos de minuatura e as sombras chinesas.
A continuación dirixímonos ao camping para comer e gozar dun tempo de lecer. O que máis lles chamou a atención foi a doma de cabalos.
Antes de despedirnos da vila fomos a ver o entorno natural de ecoespazo do Rexo, onde estaban situadas as pinturas de Agustín Ibarrola.
Por último, fixemos unha parada en Ourense para merendar e ver as burgas, que causaron unha gran emoción nos rapaces e rapazas. Deica outra.
28 de mayo de 2011
EXCURSIÓN Á CORUÑA
Primeiro fomos ao acuario Finisterrae e a guía, Mónica, fíxonos un resumo do que podíamos ver.Despois vimos todos os peixes do acuario:quenllas, focas ,polbos,etc.
A continuación fomos á Casa das Ciencias, na primeira planta o que máis nos gustou foi un péndulo que ao cabo do día tiraba as 24 picas que había ao seu redor, tamén había unha incubadora de polos. Despois subimos á segunda planta e nela había diversos aparellos, máis tarde subimos á última planta onde vimos unha película que trataba sobre un vampiro.
Xa era mediodía e fomos comer. Había sopa, caldo vexetal, patacas con filete rebozado, e de postre xeado de chocolate. Todo estaba riquísimo!
Despois de xantar fomos visitar a Casa do Home onde había esculturas coma o home máis alto do mundo, xogos e vimos unha película en 3D que trataba dun safari.
Finalmente queriamos facer unha visita á torre de Hércules e ao castelo de San Antón, pero non quedaba tempo e fixémolo desde o autobús. Tivémonos que conformar véndoos desde o autobús, pero gustaríanos subir á torre de Hércules.
Así foi a nosa excursión: divertida, didáctica e pasámolo moi ben.
Ismael Torres
24 de mayo de 2011
22 de mayo de 2011
O Día das Letras Galegas
Querida P:
Desde tan lonxe te escribo que non sei se as miñas palabras chegarán a ti. Os días fánseme longos pensando na túa volta, en poder pasear e charlar como faciamos antes. Intento que me guste a xente que me rodea, e vouno conseguindo, pero ninguén es ti.
Unha aperta
Good bye
Lois.
No cartel número 15 os rapaces e as rapazas refírense ao Día das Letras Galegas con palabras que poderían expresar sentimentos ou aspectos relacionados co mesmo, como por exemplo:
HOMENAXE, AUTOR, PAÍS, LIBRO, ORGULLO, IDIOMA, TRABALLO, LEDICIA, CREATIVIDADE, FESTA, VIDA, LER, ESCRIBIR, POESÍA, NOVELA, TEATRO, LITERATURA, PÁXINAS, PALABRAS, AMOR, HISTORIAS, AUTOESTIMA, SATIFACCIÓN, CULTURA, GALICIA.
Estes son só uns exemplos dunha actividade moi elaborada para festexar este día tan importante para nós, polo que dende o centro vos animamos a que lle botedes un ollo ou os dous aos carteis expostos nos cristais do vestíbulo. Un saúdo e deica outra. (aquí vos quedan unhas fotos deste día).
19 de mayo de 2011
A pasalo ben coas fábulas
18 de marzo de 2011
O ENTROIDO
O ciclo do entroido ten nas diferentes vilas de Galiza distintas extensións. Tense tomado como referencia o entroido de Xinzo como o máis longo, se ben a súa distribución en cinco semanas é común a boa parte das comarcas centrais ourensás, como Maceda. En realidade non é o ciclo máis longo pois este é o de Laza onde o ciclo comeza segundo se dan as badaladas o día de ano novo co primeiro folión. Tamén son en ocasións máis longos que o entroido de Xinzo o entroido de Verín e o entroido de Vilariño de Conso, segundo en que momento de febreiro ou marzo caia o entroido pois en Verín o ciclo da comezo o día de San Antón (17 de xaneiro) e en Vilariño de Conso o ciclo da comezo o día de Candelas (2 de febreiro).
As súas datas fundamentais, por orde, son:
· Domingo fareleiro
· Domingo oleiro
· Xoves de compadres
· Domingo corredoiro
· Xoves de comadres
· Domingo de entroido
· Luns de entroido
· Martes de entroido
· Mércores de cinza
· Domingo de piñata
As máscaras do entroido galego presentan, segundo as zonas e comarcas, trazos diferentes. Podemos distinguir dous grandes grupos:
· As máscaras ourensás, que pertencen aos entroidos dun arco de vilas que nace en Maceda e Allariz, esténdese polo sur da provincia e remonta polo leste ata chegar á Ribeira Sacra. Son, habitualmente, máscaras coloristas que cobren a cara, realizadas moitas delas en madeira e que teñen como misión meter medo, asustar, bater nos veciños ou escorrentalos. Aínda que ás veces van en grupo, a súa presenza é habitualmente individual. Entre elas están os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza, os felos de Maceda, os boteiros de Vilariño de Conso, de Manzaneda e de Viana do Bolo, os irrios de Castro Caldelas, as charrúas de Allariz, as pantallas de Xinzo, os vergalleiros de Sarreaus, os murrieiros da Teixeira, os troteiros de Bande, os vellarróns de Riós, etc.
· As máscaras da zona atlántica, nunha zona non continua que vai dende Cangas e Vilaboa ao sur ata as comarcas do Deza e o val do Ulla. Son traxes tamén coloristas, pero que frecuentemente deixan o rostro descuberto. Neles o traballo individual de elaboración do vestido é importante, pero máis o é a performance, que adoita ser colectiva. É o caso dos xenerais de Deza e de Ulla, as damas e galáns de Cangas e Vilaboa e as madamitas e madamitos do entroido de Cotobade.
Tamén existen outros costumes:
· Mecos bonitos e mecos feos de Froxás das Viñas.
· Volantes da Ribeira do Miño (Parroquias de Santiago de Arriba, San Pedro, Camporramiro e Nogueira).
· O Oso de Salcedo, en Salcedo (A Pobra do Brollón).
(Na Galipedia, a Wikipedia en galego)