23 de marzo de 2010

A celebración do día da Paz

LIBROS DE INTERESE


TÍTULO:SON ESPECIAL PARA OS MEUS AMIGOS
AUTOR/A: JORDI SIERRA I FABRA - ISABEL CARUNCHO
Paulo é un neno con síndrome de Down(SD),non é unha enfermidade, nácese así e non se pode curar; só é unha discapacidade.
Paulo non é tan rápido facendo as cousas nin en aprender.De todas formas ten moitos amigos no colexio.
ALÁN E AIRELA

18 de marzo de 2010

Blog amigas de Educación Física

Nesta páxina http://mvillard.wordpress.com/ podedes ver vídeos, humor, documentación relacionada coa Educación Física.
Ademais ten enlaces para acceder a outros blogs.

Educación Física

“La enseñanza presupone el optimismo tal y como la natación exige un medio líquido. Quien no quiera mojarse debe abandonar la natación; quien sienta repugnancia ante el optimismo, que deje la enseñanza.”
Fernando Savater (Filósofo)

17 de marzo de 2010

FOMENTO DA LECTURA

Organizada unha nova campaña de lectura entre a Biblioteca Pública e o colexio.
Marabillosos libros para todos, aquí che mostramos unhas recomendacións








Comeza ben a primavera visitando a biblioteca. Acompaña ao teu fillo ou filla. Anímate!

5 de marzo de 2010

Jokin.

Hoxe, na clase de Educación para a Cidadanía lemos unha historia sobre un rapaz chamado Jokin.Este rapaz soportaba humillacións e ataques dos seus compañeiros.Os dous últimos días da súa vida non acudiu ás clases porque non aguantaba máis;pero sabía que algún día tería que saír á rúa.Non lle contou nada a ninguén,excepto a unha amiga da que se despediu polo messenger:"Prefiro morrer coma un covarde ca vivir covardemente.Saíu de madrugada coa súa bicicleta,chegou deica o alto da muralla e saltou ao baleiro.Se o escoitasen no seu momento o rapaz non tomaría unha decisión tan terrible.
Aquí vos deixamos unha páxina web para que obteñades información.