28 de mayo de 2011

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O día 27 de maio os alumnos/as de 4º ,5º e 6º fomos de excursión á Coruña cos titores de cada curso e ademais con Mercedes e Sergio.
Chegamos á Coruña sobre as 10.15h. da mañá.
Primeiro fomos ao acuario Finisterrae e a guía, Mónica, fíxonos un resumo do que podíamos ver.Despois vimos todos os peixes do acuario:quenllas, focas ,polbos,etc.
A continuación fomos á Casa das Ciencias, na primeira planta o que máis nos gustou foi un péndulo que ao cabo do día tiraba as 24 picas que había ao seu redor, tamén había unha incubadora de polos. Despois subimos á segunda planta e nela había diversos aparellos, máis tarde subimos á última planta onde vimos unha película que trataba sobre un vampiro.
Xa era mediodía e fomos comer. Había sopa, caldo vexetal, patacas con filete rebozado, e de postre xeado de chocolate. Todo estaba riquísimo!
Despois de xantar fomos visitar a Casa do Home onde había esculturas coma o home máis alto do mundo, xogos e vimos unha película en 3D que trataba dun safari.
Finalmente queriamos facer unha visita á torre de Hércules e ao castelo de San Antón, pero non quedaba tempo e fixémolo desde o autobús. Tivémonos que conformar véndoos desde o autobús, pero gustaríanos subir á torre de Hércules.
Así foi a nosa excursión: divertida, didáctica e pasámolo moi ben.

FIN


Nerea Almuiña
Martín Portomeñe
Ismael Torres











22 de mayo de 2011

O Día das Letras Galegas

Para festexar estas datas nas que se lembra un día moi especial na nosa cultura: O día das letras galegas. No CEIP Antas de Ulla expuxemos uns carteis da vida e obra do autor homenaxeado: Lois Pereiro. Os nosos compañeiros e as nosas compañeiras de sexto, de tódolos carteis expostos, escolleron dous para facer a súa homenaxe persoal a este autor. Os carteis seleccionados foron o número 13 e o 15. No primeiro, os rapaces fan referencia a un momento da vida de Lois no que a súa amiga e amada, Piedad Cabo, marchou aos Estados Unidos, eles falan dos sentimentos do autor e de como foi esta época na súa vida e como homenaxe escribiron unha carta como se fosen o propio Lois. Aquí tedes a carta escrita:
Querida P:
Desde tan lonxe te escribo que non sei se as miñas palabras chegarán a ti. Os días fánseme longos pensando na túa volta, en poder pasear e charlar como faciamos antes. Intento que me guste a xente que me rodea, e vouno conseguindo, pero ninguén es ti.
Unha aperta
Good bye
Lois.


No cartel número 15 os rapaces e as rapazas refírense ao Día das Letras Galegas con palabras que poderían expresar sentimentos ou aspectos relacionados co mesmo, como por exemplo:
HOMENAXE, AUTOR, PAÍS, LIBRO, ORGULLO, IDIOMA, TRABALLO, LEDICIA, CREATIVIDADE, FESTA, VIDA, LER, ESCRIBIR, POESÍA, NOVELA, TEATRO, LITERATURA, PÁXINAS, PALABRAS, AMOR, HISTORIAS, AUTOESTIMA, SATIFACCIÓN, CULTURA, GALICIA.

Estes son só uns exemplos dunha actividade moi elaborada para festexar este día tan importante para nós, polo que dende o centro vos animamos a que lle botedes un ollo ou os dous aos carteis expostos nos cristais do vestíbulo. Un saúdo e deica outra. (aquí vos quedan unhas fotos deste día).













19 de mayo de 2011

Convivencia en Lalín





























































































































































Aquí están estas fotos dos momentos de repouso e da comida deste día de convivencia deportiva. En breve, algún vídeo das actividades deportivas. Estade atentos.




















































A pasalo ben coas fábulas





Para que o pasemos ben estes días nos que nos lembramos das letras galegas, os nosos compañeiros e as nosas compañeiras de terceiro fixeron uns contos e unhas fábulas moi divertidas. Se queredes pasar un bo rato, botádelle un ollo o taboleiro do segundo ciclo, xa sabedes onde está. Un saúdo a todos.




Aquí tedes unhas fotos. Desexamos que vos gusten.








Uns marcapáxinas moi especiais

Como podedes ver na entrada do colexio temos expostos os marcapáxinas realizados polos rapaces e rapazas do Ceip Antas de Ulla. Para tal fin empregáronse diferentes técnicas e materiais, como por exemplo: papel reciclado (podedes ver a súa elaboración noutro post neste blog). Son unhas auténticas obras de arte, animámosvos a que as vexades, pero no caso de que non poidades, aquí tedes unha pequena mostra.

PAPEL RECICLADO

Imos facer papel reciclado
Preparados/as?

Paso 1
Necesitamos:

Xornais
Un recipiente
Auga morna
Facemos cachiños co papel de periódico.

Botámoslles auga algo quente.
Deixámolo en remollo un día.

Paso 2
Necesitamos:

Unha batidora
Cola
Trituramos o papel e botámoslle cola.

Paso 3
Necesitamos:

Unha rejilla
Metemos a rejilla na pasta de papel e deixámola escurrir.


PASO 4

Necesitamos:
Unha tea
Rodillos
Poñemos unha tea por arriba e outra por abaixo, pasámoslle un rodillo para que quede lisiño.
Despois, sacamos a rejilla.
Poñémolo a secar.
E, por último, que facemos con el? Pois por exemplo uns marabillosos marcapáxinas decorados con motivos primaverais ( flores, herbas,...).
ANÍMATE! PASARÁS UN BO RATO.

18 de mayo de 2011

ANTA

Sae o nº 14 do noso xornal escolar " Anta".
Dispoñible na Biblioteca Pública Municipal. Non deixes de miralo , lelo, compartilo... Gustarache!

12 de mayo de 2011

Convivencia co CPI Santa Lucía de Moraña

Bueno, o día 11 de maio de 2011 realizamos unha convivencia co CPI Santa Lucía de Moraña. O lugar para a súa celebración foi Lalín. Neste entorno os rapaces e rapazas dos dous centros realizaron actividades físicas e no medio natural co obxetivo de ter unha xornada lúdico-deportiva para coñecer a rapaces e rapazas doutro centro, así como os seus mestres e as súas mestras. Se queredes coñecer este centro podedes acceder a súa páxina web, dende o seguinte enlace:
www.edu.xunta.es/centros/cpisantalucia/

En breve, intentarei colgar algún vídeo e algunha foto da convivencia. Un saúdo a todos e a todas.

11 de mayo de 2011

XORNAL ESCOLAR "ANTA"


Exposición dos debuxos das portadas e contraportadas para a nosa revista escolar "Anta".
MOI PRONTO NOS VOSOS FOGARES!

PRIMAVERA


CANTA CUCO
CANTA CUCO
QUE XA CANTOU A BUBELA
CANTAN OS PAXAROS TODOS
NO TEMPO DA PRIMAVERA