Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

19 de mayo de 2011

Uns marcapáxinas moi especiais

Como podedes ver na entrada do colexio temos expostos os marcapáxinas realizados polos rapaces e rapazas do Ceip Antas de Ulla. Para tal fin empregáronse diferentes técnicas e materiais, como por exemplo: papel reciclado (podedes ver a súa elaboración noutro post neste blog). Son unhas auténticas obras de arte, animámosvos a que as vexades, pero no caso de que non poidades, aquí tedes unha pequena mostra.

18 de mayo de 2011

ANTA

Sae o nº 14 do noso xornal escolar " Anta".
Dispoñible na Biblioteca Pública Municipal. Non deixes de miralo , lelo, compartilo... Gustarache!

11 de mayo de 2011

XORNAL ESCOLAR "ANTA"


Exposición dos debuxos das portadas e contraportadas para a nosa revista escolar "Anta".
MOI PRONTO NOS VOSOS FOGARES!

31 de diciembre de 2010

Mascota Biblioteca


O día 22 fíxose entrega, ao gañador e aos finalistas, dos premios do concurso de mascotas para a Biblioteca. Noraboa a todos!
Presentouse en sociedade a BROLI, a mascota da biblioteca, creación de Roi Lamazares Vázquez de 6º. Con Broli viviremos estupendas experiencias!

29 de abril de 2010

ABRIL, MES DO LIBRO

Lectura e escritura na Biblioteca
Libros debuxados, contados, comentados,...expóñense na Biblioteca Pública.






Os nenos e nenas de E. Primaria presentan e difunden unha serie de libros para soñar, pensar, entreter, coñecer...
NON O PERDAS!

17 de marzo de 2010

FOMENTO DA LECTURA

Organizada unha nova campaña de lectura entre a Biblioteca Pública e o colexio.
Marabillosos libros para todos, aquí che mostramos unhas recomendacións








Comeza ben a primavera visitando a biblioteca. Acompaña ao teu fillo ou filla. Anímate!

27 de enero de 2010

ILUSTRADORES DE CONTOS

GRANDES, MEDIANOS E PEQUENOS ARTISTAS EXPOÑEN AS SÚAS OBRAS NA BIBLIOTECA PÚBLICA.
NON O PERDAS!


Organización, para o tempo de Nadal, dunha campaña de lectura entre a Biblioteca Pública e o colexio, con moi boa acollida tanto entre os nenos e nenas coma entre as súas familias.





Libros con sabor doce, doce sabor a libros.



Sabías que na Biblioteca che daban un caramelo por levar un libro e outro por lelo?