27 de enero de 2010

PARA A PAZ,EMOCIÓNATE!


NO CENTRO ESTASE A PREPARAR, PARA ESTE VENRES, UN ACTO PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL POLA PAZ.

TEMOS UNHA CANCIÓN DE JUANES QUE NOS ESTÁ ENCANTANDO , XA TODOS E TODAS A CANTAMOS ENTEIRIÑA.

TAMÉN ESTAMOS TRABALLANDO CON PALABRAS EMOCIONANTES.

VISÍTANOS!

ILUSTRADORES DE CONTOS

GRANDES, MEDIANOS E PEQUENOS ARTISTAS EXPOÑEN AS SÚAS OBRAS NA BIBLIOTECA PÚBLICA.
NON O PERDAS!


Organización, para o tempo de Nadal, dunha campaña de lectura entre a Biblioteca Pública e o colexio, con moi boa acollida tanto entre os nenos e nenas coma entre as súas familias.





Libros con sabor doce, doce sabor a libros.



Sabías que na Biblioteca che daban un caramelo por levar un libro e outro por lelo?



26 de enero de 2010

LIBROS DE INTERESE

A BRUXA ENRABECHADA ( CARTEIRA DE VALORES)
Era unha vez unha bruxa que se chamaba Damedá. Damedá encontrou un papel dunha receita...
Que receita será? De quen será a receita?
Amiguiños é a receita dunha beberaxe verde para que lle medre o nariz e as orellas á xente.
Fixo a receita , pero nun descoido alguén lle rompeu a ola.
Quen lle rompeu a ola?
A bruxa que máis mandaba poderá resolver este problema?
É un bo conto para o día da Paz.

Airela e Alán.

19 de enero de 2010

LIBROS DE INTERESE

Este libro titúlase " Arroz e tinta" , é da colección Carteira de valores e trata sobre unha avoa que era árabe e estaba cega, ela nunca estivera na cidade.O seu fillo mándalle ir a pola súa neta . A avoa merca arroz e tinta.
PARA QUE QUERERÁ A AVOA O ARROZ E A TINTA?
COMO SE ARREGLARÁ NA CIDADE?
CHEGARÁ AO COLEXIO?
LEDE O LIBRO, MERECE A PENA!


Alán e Airela

18 de enero de 2010

Antroido


Ola queridos seareiros e seguidores do blog do colexio CEIP ANTAS DE ULLA, este ano no antroido, queremos as nenas, excepto Lúa, que baila cos nenos, queremos facer outro baile da serie "Patito Feo" .E os nenos con Iria incluida queren bailar un baile do artista Michael Jackson.
Asdo: Laura e Andrea.

Aniversario de Iria.


Ola,internautas da rede,o outro día foi o aniversario de Iria,soprou as 12 candeas, e pasámolo moi ben na súa festa de aniversario,xogamos,rimos e comemos a tarta,mm que rica estaba,despois vimos unha película e desfilamos coa roupa de Iria,este foi o aniversario de Iria.


Até a próxima,internautas da rede.




Asinado:Ismael e Iria.

16 de enero de 2010

PROTESTA

HOXE OS DE 4º NON QUIXERON XOGAR CON NÓS, 5º E 6º, NÓS QUE SOMOS 24 NEN@S TIVEMOS QUE METERNOS NUN RECUNCHO E ELES 7 XOGARON EN TODO O ESPAZO. MENUDA PIÑA FIXEMOS!
ENFADÁMONOS MOITO, PERO DESPOIS PASÁMOLO BEN IGUAL.
Pensado e escrito por:
Lúaaaaaa e Lucaaaaas

O noso desexo











Estamos desexando que chegue a excursión de fin de curso, sobre todo polo autobús xa que imos cantando e falando todo o tempo. Nós queremos ir á praia,a París , a Nova Iork, á Warner Bross, a Disneyland, ás Canarias, ao parque acuático. Agora tócavos a vós, os profesores, decidir. Este é o noso desexo, esperamos que se cumpra.




ASDO: Leticia e Alba

15 de enero de 2010

Que ben o pasamos en reli!!

Bos días ante todo:

Hoxe na clase de relixión estabamos lendo unha cousa da Cruz Vermella e da media luna vermella e entón eu (Ana)que estaba mal sentada, cun pé na rejilla da mesa e coa punta do pé e a punta da rodilla nela, e cando o ía quitar estirei a perna, pero atrancouseme. Díxenllo a Leticia e ela riuse un pouco e cando a profe se enterou tamén se riu a compás dos alumnos logo eu estaba aaaai aai e pensaban que estaba de broma, pero eu empecei a chorar coa dor. Andrea, unha compañeira, foi avisar a Antonio, o profesor de música e coñecemento que a arrincou de golpe e eu fixen aaah!!! Jejje todos se riron.

Fixéronseme 2 supermoratos e botáronme unha pomada horrorosa, puag que olor.

Adeus un bico enorme. Ana e Sebastián

12 de enero de 2010

FELIZ 2010!

DESÉXOLLE A TÓDOLOS ALUMNOS/AS E MESTRES/AS UN MOI FELIZ 2010!