27 de marzo de 2014

A antiga árbore



Fai cen anos naceu un carballo chamado Carballeiro.

Carballeiro era un carballo demasiado pequeno, todos os carballos estaban preocupados por se viña o vendaval, xa que achegábase o inverno. A árbore tiña medo por se lle pasaba algo. Un día pasou por ahí unha nena chamada Clara que lle encantaban  as árbores. Cando viu ao pobre Carballeiro decidiu axudarlle. Púxolle arredor unha madeira forte para que aguantara o inverno e foise.
Carballeiro estaba moi feliz xa que agora non podía pasarlle nada. Os outros carballos estaban moi agradecidos pero, claro, algo preocupados, por se non servía de nada e pasáballe algo.
Cando xa pasou o inverno a nena dediciu volver a pasar por alí para quitarlle a madeira. Pero a árbore crecera bastante, entón rompera a madeira e xa non necesitaba axuda. A nena marchou contenta sabendo que axudara a unha árbore.
Cando pasaron cen anos Carballeiro seguía ahí, sano, forte e sobretodo feliz porque unha nena axudáralle.


Aldara Gontá Álvarez, quinto de Educación Primaria.
Feliz Día da Árbore.