25 de marzo de 2012

Antas de Ulla. Coñécenos!



Aquí tedes aos nenos e ás nenas de segundo presentando Antas de Ulla e os seus recantos. Vide visitalo, animádevos.

22 de marzo de 2012

Día da árbore e día da auga

Aquí tedes os enlaces que vos prometín dos vídeos do día internacional da auga e do día internacional das árbores. Desexamos que vos gusten.

Esta semana é o día Internacional da auga, 22 de marzo. Pásovos un enlace cunha canción chulísima que atopei. Vese un pouco borroso nalgunhas escenas pero para o meu gusto é fermoso porque resume a importancia da auga e o seu uso a diario de modo sinxelo.

http://www.youtube.com/watch?v=UcDmUcDr7X0

Día internacional da árbore (21 de marzo):

http://www.youtube.com/watch?v=txvPPxNVbjQ&feature=related

4 de marzo de 2012

LIPDUB: MILES DE MUNDOS POR DESCUBRIR

Despois de moito agardar, aquí tedes este lipdub que fixemos no entroido para inaugurar a nosa biblioteca. Desexamos que vos guste. Un saúdo.