23 de febrero de 2010

LIBROS DE INTERESE

"QUEN NECESITA UN SOMBREIRO MÁXICO?"
Sabela Castiñeiro Portela tiña un sombreito máxico, pedialle todo o que quería, pero un día non lle trouxo nada de nada. O sombreiro deixoulle unha nota...Sabedes que lle pediu?
Pediulle estar máis tempo cos seus pais.
Sigamos coa nota.
A nota dicía:" Non podo darche iso"
Catuxa, unha nena da súa escola, díxolle a Sabela que ela tamén tiña unha gorra máxica, era máxica para Catuxa porque ela xogaba coa súa imaxinación.
Ao final todos, incluida Sabela, trouxeron un obxecto máxico ao colexio.
Sabela deuse conta de que non se necesita ter tantas cousas para ser feliz e para ter amigos.
Que vos parece isto?
ALÁN E AIRELA

15 de febrero de 2010

ENTROIDO: O CIRCO DOS NENOS


Un gran desfile de todos os e as artistas









Este curso eleximos o mundo do circo para festexar o Entroido no colexio, desde E. Infantil ata 6º de E.Primaria, pasando polo profesorado, persoal non docente e as familias participamos caracterizados de diferentes personaxes circenses: pallasos, elefantes e leóns cos seus domadores, equilibristas, malabaristas, contorsionistas, saltimbanquis, bailarinas/es,magos e acróbatas diversos. Todo un mundo cheo de algarabía e ledicia que nos soubo deleitar con marabillosas actuacións durante a tarde do pasado venres, día 12.
Grazas a todos os e as participantes na festa, así como aos asistentes.
FOI SENSACIONAL!!









1 de febrero de 2010

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ


























O venres, día 29, conmemoramos no colexio o día da Paz. Foi un pequeno acto , breve, pero moi emotivo. Nel participamos todos: alumnado, familias e profesorado.
Os nenos e nenas expuxéronnos o que para eles significaban algunhas emocións:
ENTUSIASMO:
Notámolo cando temos gañas de facer cousas, cando loitamos por algo que nos gusta, cando nos sentimos ledos traballando, cando podemos facer algo por alguén.
AMIZADE:
Notámola cando nos sentimos queridos, cando nos fan compaña, cando nos axudan.
SORRISOS:
Aparecen nas nosas caras cando pasan cousa boas, cando estamos alegres, cando nos sentimos felices, cando conseguimos algo que desexamos.
RESPECTO:
Amosámolo cando non pegamos nin insultamos, cando tratamos ben aos demais.
TOLERANCIA:
Somos tolerantes cando respectamos ás persoas que pensan diferente a nós, cando respectamos e comprendemos as persoas de distinta cultura e raza.
AMABILIDADE:
Somos amables cando tratamos con agrado aos demais, cando axudamos aos demais cun sorriso.
TRISTEZA:
Para nós é estar sós, non ter amigos, non xogar cos compañeiros, non ter familia.
ALEGRÍA:
Para nós é xogar xuntos, divertirse, ter amigos, que te queiran,estar coa familia, que te acompañen nos momentos difíciles.
AMABILIDADE:
Temos que comportarnos ben con todo o mundo.
ALEGRÍA:
Que todas as persoas estean contentas.
COMPAÑÍA:
É estar cos demais cando se senten mal.
AGRESIVIDADE:
É cando alguén se enfada.
SOIDADE:
É estar sós e tristes.
EGOÍSMO:
Que non compartan nada.
TAMÉN DE FORMA POÉTICA E CON RITMO DE RAP

As discusións

son contestacións

nas que xorden

algunha que outra contestación.



Nelas xorden emocións

por exemplo esconderse nos rincóns

para non dar tantas contestacións.



Os amigos teñen compasión

nalgunhas discusións

se isto é así son amigos do corazón.


Unha pomba chegou

e a paz nos deixou

con moita alegría

para festexar este día.



Díxonos que non hai

que molestar nin pelexar

pero si que hai

que axudar e respectar.


Xogar non consiste en gañar,

senón buscar a diversión,

pasalo ben e non mancar.



Hai moitos xogos de saltar,

pero a min os que máis me gustan

son os de respectar.


Non hai que molestar

só hai que axudar.

E cando pasa algo malo

a xente maior avisar.


Á escola imos estudar

pero sen molestar.

No recreo a xogar

e á clase a voltar.



A ninguén facer mal,

con todos ser amigos.

Non queremos molestar,

só queremos axudar.



O meu compañeiro é moi bo,

axúdame en cousas que non dou

a min ensinoume un día,

a cantar con alegría.



PARA REMATAR CANTAMOS A CANCIÓN DE JUANES " BANDERA DE MANOS ".
Recorda a palabra PAZ, VIVE EN PAZ!