28 de marzo de 2011

A GRANXA

1PARIDEIRA 2 CORTELLOS DOS BECERROS 3SALA DE ESPERA 4SALA DE MUXIDO 5BAÑO 6OFICINA 7LEITERÍA 8 CAMAS DAS VACAS 9CORREDOR 10CORREDOR DE ATRÁS 11CORREDOR DE ADIANTE 12CORNADIZA (ONDE SE TRABAN AS VACAS)




Para facer unha granxa,o primeiro que hai que facer é unha explanada para sacar a terra branda e chegar ata o terreo duro.

Facemos unha cimentación onde logo van as columnas,as vigas de formigón,e as viguetas para cubrila despois de uralita ou chapa.Ao final cerrámola de bloque ou tamén con paneis que xa veñen fabricados facendo a parede.

No interior hai un corredor de alimentación cunha cornadiza para poder trabar ou non as vacas.Logo hai un corredor ancho,por onde andan as vacas e tamén poden comer,despois están os cubículos para descansar as vacas, unhas enfronte das outras.Estes cubículos poden ser de moitas maneiras:de gomas,en colchonetas,en cemento ou palla,sendo esta última a mellor opción por ser na que mellor descansan.

Logo hai outro corredor máis estreito por onde están os bebedoiros.

Hai unha sala de muxido coa súa sala de espera onde as vacas están esperando para ser muxidas.Hai unha leitería,unha oficina e un baño.

Por último está a parideira e tamén uns Boxes,é dicir,uns cortellos para que os becerros estean cada un só.



ERICA GAYOSO BLANCO 5º

24 de marzo de 2011

Jordi escribindo contos de ASASINOS........


Érase unha vez un escritor chamado Jordi Busquets Neira Campo Sebastian das Ovellas que escribía contos de misterio,un día o seu xefe chamouno para dicirlle:

-Ola Jordi! Quería dicirche que tes que facer un conto de ASASINOS- dicialle o xefe a Jordi por teléfono.

-Pero señor,non teño ningunha cousa en mente.

-Pois vai pensando porque o teu conto vai ir á tele para ver si xa podes ser un dos premiados.

-Vale pensarei....pero para cando é?

-Adeus! Chao!

-Bueno a pensar - dixen.

Pensaba e pensaba pero non daba elexido,cando mirei para atrás e vin unha fada que me dixo:

-Ola! Son a fada Rapusel, a fada axudante.A fada veu da súa casa, do Xardín da Alegría.

-E viñeche axudarme?

-Por suposto.

Comenzaron a escribir o conto e..... ao cabo de tres semanas conto rematado.

Saiu Jordi na tele, e Marilar e Xoán, seus pais, vírono e foron para Porto Andante inmediatamente.

Ao chegar Jordi levou unha gran sorpresa e así Jordi conseguiu escribir o seu conto coa axuda da fada Rapusel.

Jordi preguntoulles a seus pais se se ían quedar uns cantos días e eles dixéronlle que claro porque non.

E QUEDARON FELICES COMA PERDICES...................


XEILA TORRES ALMUIÑA 5º


18 de marzo de 2011

O ENTROIDO


O ciclo do entroido ten nas diferentes vilas de Galiza distintas extensións. Tense tomado como referencia o entroido de Xinzo como o máis longo, se ben a súa distribución en cinco semanas é común a boa parte das comarcas centrais ourensás, como Maceda. En realidade non é o ciclo máis longo pois este é o de Laza onde o ciclo comeza segundo se dan as badaladas o día de ano novo co primeiro folión. Tamén son en ocasións máis longos que o entroido de Xinzo o entroido de Verín e o entroido de Vilariño de Conso, segundo en que momento de febreiro ou marzo caia o entroido pois en Verín o ciclo da comezo o día de San Antón (17 de xaneiro) e en Vilariño de Conso o ciclo da comezo o día de Candelas (2 de febreiro).

As súas datas fundamentais, por orde, son:

· Domingo fareleiro

· Domingo oleiro

· Xoves de compadres

· Domingo corredoiro

· Xoves de comadres

· Domingo de entroido

· Luns de entroido

· Martes de entroido

· Mércores de cinza

· Domingo de piñata

As máscaras do entroido galego presentan, segundo as zonas e comarcas, trazos diferentes. Podemos distinguir dous grandes grupos:

· As máscaras ourensás, que pertencen aos entroidos dun arco de vilas que nace en Maceda e Allariz, esténdese polo sur da provincia e remonta polo leste ata chegar á Ribeira Sacra. Son, habitualmente, máscaras coloristas que cobren a cara, realizadas moitas delas en madeira e que teñen como misión meter medo, asustar, bater nos veciños ou escorrentalos. Aínda que ás veces van en grupo, a súa presenza é habitualmente individual. Entre elas están os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza, os felos de Maceda, os boteiros de Vilariño de Conso, de Manzaneda e de Viana do Bolo, os irrios de Castro Caldelas, as charrúas de Allariz, as pantallas de Xinzo, os vergalleiros de Sarreaus, os murrieiros da Teixeira, os troteiros de Bande, os vellarróns de Riós, etc.

· As máscaras da zona atlántica, nunha zona non continua que vai dende Cangas e Vilaboa ao sur ata as comarcas do Deza e o val do Ulla. Son traxes tamén coloristas, pero que frecuentemente deixan o rostro descuberto. Neles o traballo individual de elaboración do vestido é importante, pero máis o é a performance, que adoita ser colectiva. É o caso dos xenerais de Deza e de Ulla, as damas e galáns de Cangas e Vilaboa e as madamitas e madamitos do entroido de Cotobade.

Tamén existen outros costumes:

· Mecos bonitos e mecos feos de Froxás das Viñas.

· Volantes da Ribeira do Miño (Parroquias de Santiago de Arriba, San Pedro, Camporramiro e Nogueira).

· O Oso de Salcedo, en Salcedo (A Pobra do Brollón).

· O merdeiro en Vigo.

· Os felos en Maceda.

(Na Galipedia, a Wikipedia en galego)

17 de marzo de 2011

UNHA VOLTA POLO MUNDO 8

STAND ÁRABE


UNHA VOLTA POLO MUNDO 7

STAND EXIPCIO



UNHA VOLTA POLO MUNDO 6

STAND INDIO



UNHA VOLTA POLO MUNDO 5

STAND CHINO



UNHA VOLTA POLO MUNDO 4




Aquí veñen os amigos e amigas de quinto e sexto a bailarnos unha danza árabe titulada "Hasimal". Desexamos que vos guste.

UNHA VOLTA POLO MUNDO 3

No deserto non só hai area e aquí están os nosos rapaces e rapazas de segundo ciclo para demostrarnos como se baila a danza "The Egyptians".

UNHA VOLTA POLO MUNDO 0



Hai uns días celebramos no Ceip Antas de Ulla un Entroido moi especial, xa que fixemos unha volta polo mundo, con actividades relacionadas con diferentes culturas e civilizacións. Desexamos que gozarades con este día e que o pasarades moi ben. Un saúdo e deica a próxima.


UNHA VOLTA POLO MUNDO 2

Procedentes dende o continente americano veñen os nosos compañeiros e as nosas compañeiras de primeiro e segundo para facer unha "danza india"

UNHA VOLTA POLO MUNDO 1





Aquí temos aos pícaros e pícaras de infantil realizando a danza "Chinitos de amol".