Mostrando entradas con la etiqueta Valores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Valores. Mostrar todas las entradas

1 de abril de 2011

UNHA PELÍCULA DE VALORES

(baseada nunha historia real)

Era unha vez un chico que se chamaba James e era algo "lento". Súa nai estaba todo o día traballando e non podia atendelo. El sempre estaba cun carriño buscando cousas.Un día o adestrador de fútbol americano deixoulle unirse ao equipo e chamoulle Radio porque foi a primeira palabra que lle dixo ao adestrador.

O adestrador díxolle se quería formar parte do equipo de fútbol americano e do de baloncesto e axudarlles a adestrar. Agora prepara un equipo de fútbol americano e ten 60 anos, todos o queren e o respectan.

Marco, Xesús e Lucas de 4º

A cualificación para Marco é de: SOBRESALIENTE

Para Xesús é de: NOTABLE

Para Lucas é de: BEN

Gustounos moito, esperamos que a vexades e que a vós tamén vos guste.



17 de febrero de 2011

UN CONTO DE VALORES: "OS RAPACES AFORTUNADOS"


Hai moito tempo nunha cidade,vivía un rapaz moi traballador e estudoso.A ese rapaz morréranlle os pais e el quedou só e sen compañía.Todas as persoas se rían del menos unha mociña,ela sabía que o rapaz que se chamaba Aitor non tiña con que manterse,entón Miriam, a rapaza, leváballe comida.


Miriam tamén era orfa,pero ela non vivía soa;ela era criada dunha familia rica.


Esa familia tiña moitas criadas e esas criadas tiñan moito traballo.


Elas aproveitaban un pouco de tempo que tiña para comer,pero Miriam non; ela compartía a única comida que tiña con Aitor.


A Aitor gustáballe moito Miriam, pero non tiña valor para dicirllo. A Miriam tamén lle gustaba Aitor, pero o tempo non chegaba para estar xuntos.


Un día en que chovía moito, Aitor tivo que saír para coller algunha limosna, pero non conseguiu nada, aínda tiña esperanzas porque sabía que Miriam lle traería comida e poliñas para prender fogo; pro ocorreu un imprevisto e Miriam non puido ir.


Ao día seguinte a señora da casa non deixou saír a Miriam coa comida e ela púxose triste. A súa amiga Daniela díxolle que fose, que ela faría o seu traballo e xa buscaría unha escusa para sacala do apuro.


Cando Miriam chegou á casiña de Aitor, el estaba moi pálido e con moita tos. Miriam quedouse coma unha estatua e ata lle caeu a cestiña da comida.


Miriam púxose a chorar , non sabía que facer. Aitor díxolle que non chorara, que todo ía saír ben. Aquel día Miriam tardou máis do esperado e a xefa da casa díxolle a Daniela que se non aparecía sería despedida. Daniela saiu a buscala.


Chegou á casa de Aitor e viunos aos dous moi xuntiños. Daniela preguntoulle a Miriam que facía alí, que se non regresaba sería despedida. como Miriam non quería regresar, Daniela quedouse con ela a coidar de Aitor.


Daniela e Miriam sabían que se ían quedar fóra do traballo, pero non lles importou.


Pasado un ano, cando xa Aitor se curara, regresaron á casa. Saiulles o señor da casa con maletas e elas preguntáronlle que facía, que a onde ía: el díxolles que a súa esposa falecera e que se ía trasladar.


A que non sabedes a noticia boa que lles deu? Pois eu si, díxolles que se podían quedar coa casa e con parte da fortuna.


Eles abriron os ollos coma pratos, ah! e tamén lles dixo que tiña un fillo moi novo e que quería casar cunha mociña case da idade de Daniela.


Sorte que tiveron! Ao pouco casaron as dúas parellas e foron moi felices.


Aitor e Adrián conseguiron traballo e Miriam e Daniela quedaban na casa.


Os cartos que lles parecía, que tiñan moitos, dábanllos aso mendigos que andaban a pedir esmola.


Ao cabo dun tempo Daniela tivo xemelgos e púxolles Daniel e Adriana. Miriam tamén tivo unha filla, unha neniña fermosa e puxéronlle o nome que os xemelgos de Daniela quixeron, puxéronlle Lorena. Estaredesvos preguntando como lle puideron poñer o nome se eles non falaban; pois porque eles, cando naceu a neniña de Miriam xa tiñan dous anos.


Din que esa cidade foi moi afortunada por ter a esas persoas tan amables e xenerosas.




Fin




ERICA GAYOSO BLANCO 5º



23 de noviembre de 2010

DEREITOS DA INFANCIA



O día 20 de novembro celébrase o día do dereitos dos nenos.


Nós,Lucas,Marco e Xesús de 4º querémosvos convidar a coñecer a LUNICEF, un lunni superheroe que quere axudar aos nenos e nenas de todo o mundo.

Pincha aquíhttp://www.unicef.es/educacion

28 de septiembre de 2010

NORMAS DO COLEXIO


Somos tres nenos de cuarto.Chamámonos Marco,Xesús e Lucas,queremos escribir 10 ideas para ser responsable e ter moitos éxitos no cole:
1-Traballa con entusiasmo.
2-Aprende con alegría.
3-Coida ben o teu material e o dos demais.
4-Coida o colexio tamen.
5-Comparte cos teus compañeiros.
6-Xoga moito no recreo.
7-Pregunta,se non che sale.
8-Respecta sempre as normas.
9-Cumpre coas túas tarefas.
10-Debes ser bo compañeiro.