2 de julio de 2014

Día do libro

Aquí tedes unha historia escrita por Aldara de quinto para conmemorar o Día do Libro 2014.

"Pero... Que lles pasa aos nenos cos libros"

Hola son o libro de Gero Stil e queróvos contar unha cousa que xa sabedes. Unha cousa que de seguro estades fartos de oíla. A cousa é que xa sabedes que hai distintos tipos de libros, por exemplo: de medo, de fantasía, de gracia, etc. Algúns gustan máis que outros pero eso non quere dicir que non os poidades ler.
Vouvos contar unha historia que aos libros provócanos auténtico medo. 
Todo comezou nunha tarde cando o rei e a raiña dixeron:
- Queridos libros, temos que dicirvos unha cousa boa e outra mala.
Todos os libros miráronse e comezaron a falar. O rei mandou calar de seguido. Cando todos calaron seguiu co seu discurso.
-A mala nova é que na nosa biblioteca hai un cartel que pon: Queimaremos todos os libros para nenos, imos por vós! Pero a boa nova é que hai unha nena que vos quere mercar.
- A esa nena, encántanlle os libros para nenos! dixo a raíña.
Cando chegou a nena, mercou  todos os libros e leu os contos, dos máis pequenos, a súa irmanciña. E os dos máis grandes, levóunos para o seu cuarto, para leelos todas as noites ata que non quedara ningún sen ler.

Letras Galegas 2014


Aquí vos enviamos os vídeos das actuacións das Letras Galegas 2014. Desexamos que vos gusten.
En breve publicaranse tamén os de final de curso e algúns traballos de nenos e nenas do centro.

https://www.youtube.com/watch?v=UT84y0ZwekA
http://youtu.be/-mOZA-cmQ8c
http://youtu.be/SfP5PGlrrJg
http://youtu.be/HGgDzEZLQ5g
http://youtu.be/iXtD8F042cg
http://youtu.be/YV1IK5YHtFg