31 de diciembre de 2010

Mascota Biblioteca


O día 22 fíxose entrega, ao gañador e aos finalistas, dos premios do concurso de mascotas para a Biblioteca. Noraboa a todos!
Presentouse en sociedade a BROLI, a mascota da biblioteca, creación de Roi Lamazares Vázquez de 6º. Con Broli viviremos estupendas experiencias!

NADAL 2010










































































O día 22 desfrutamos dun sensacional festival de Nadal amenizado por todos os nenos e nenas do colexio.
Os máis pequerrechos cantaron " Rodolfo, el reno" e "We wish you a Merry Christmas". Daba xenio velos!
Os de 1º ciclo tiveron moito traballo pois despois de cantar " Campaíña do lugar" e " Nadal, Nadal", representaron " O espírito do Nadal".
Moi interesantes as tradicións de Nadal presentadas por Alex, Airela, Sara, Elizabeth e Lucas de 3º. Que ben o fixeron tamén os de 3º no baile " Santa Claus" e no conto en verso " O gaiteiro".
Espectacular coreografía con cadeiras, aros e globos fixeron os de 4º. Extraordinarias figuras! Eles deleitáronnos tamén con curiosidades e poemas sobre o Nadal.
Para rematar os maiores de 5º e 6º cantaron e tocaron coas frautas " Gatatumba"e " Noite de Paz". Lucas de 6º co seu saxofón " Adeste fideles" e todos os de 6º bailaron " Os duendes marchosos". Foi marabilloso!
Estupendos e habilidosos presentadores e presentadoras que guiaron en todo momento a festa coas súas ocorrencias e chistes. Noraboa 6º!
Foi un festival realizado con moita ilusión por todos, alumnado e profesorado.

1 de diciembre de 2010

Mural de outono 3

Aquí veñen os/as compañeiros/as de quinto para ensinarnos esta obra de teatro feita por eles. A pasalo ben.

Profe: - Bos días rapaces!
Todos: Bos días profe!
P: Sabedes que se celebra hoxe?
T: O Magosto!
P: E cal é o froito do MAGOSTO?
T: A CASTAÑA!
P: E a árbore da castaña é...
T: O castiñeiro
P: E moitos castiñeiros xuntos... como se chama?
T: Souto!...
O texto non se inclúe completo porque é moi longo.

Ademáis da obra de teatro tamén temos unhas adiviñas feitas polos compañeiros/as de sexto:

Cal é a ave que non ten peito
e cría, que da alegría aos mortos
e de comer aos vivos?

Alta estou,
caperuzas teño,
vexo vir aos mouros,
e non me defendo.

Plántanme de verde
e sácanme de seca.
Que é...

Que cousiña é que
chega o monte e pela
Que é...

Aínda que repleta de grans
dalle nome a unha cidade
e refresca os meus veráns
con zume de calidade
Que é...

25 de noviembre de 2010

Murais de Outono 2


Os/as compañeiros/as de terceiro de primaria preséntannos as seguintes cantigas. Afinade as gorxas, jejeje!.

Santiña do Soutarelo,
bota castañas abaixo;
que se non teño mantelo,
collereinas no refaixo.

A castaña no ourizo
quixo rir e rebentou,
caeu do castaño abaixo,
mira que golpe levou!

As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos;
os ollos da túa cara,
para min son dous feitizos.

A castaña está no berce
nun ourizo acochada,
pendurando dunha póla,
a carón doutras castañas.

Pola noite o castiñeiro
conta historias xa pasadas,
fala sempre dos magostos
que no outono se argallaban.

A continuación os/as compañeiros/as de cuarto traennos unhas adiviñas ven xeitosas, a ver se tedes sorte e as respostas encontrades. Ánimo!

Ten pelexo coma a xente
e é moi boa para comer;
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tes.

En alto nacín,
entre a terra e o ceo;
se algunha vez me río
téñocho todo perdido.

Unha señora,
moi enseñorada,
deu unha risada
e quedou sen nada.

Tamén os de cuarto nos traen uns ditos popolares.

- Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.
- Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe o viño.
- O verán de San Martiño, dura en canto cruzas o camiño.
- O que non sabe mañas, non asa castañas.
- En San Martiño, proba o teu viño.

Desexamos que vos gustasen.

Murais de Outono 1

Aquí temos o mural dos nosos compañeiros e das nosas compañeiras de primeiro ciclo para este outono 2010-2011. Ademáis para festexar o Magosto decidiron escribir o seguinte texto para explicarnos esta tradición tan popular na nosa terra. A disfrutalo:
O MAGOSTO
A tradición en Galicia sitúa ao redor destas datas o tempo de recollección das castañas e o dos primeiros magostos. Vén sendo unha festa de raizame popular onde se xuntan os veciños para asar as castañas e abillar o pipote de viño novo. Entre outros costumes, había aquel de tizarse coa cinza do braseiro, para remataren con cantigas e pandeiretadas.

Ademáis desta introducción do magosto temos para vós tamén uns poemas ben xeitosos. A pasalo ben!

Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas,
para comer coas mozas
catro castañas asadas.

O que non ten mañas
non come castañas.

Alto me vexo
no meu capelexo,
por unha risada
quedeime sen nada.

Alto vivo,
mírame a xente,
e se me río,
quedo sen dente.

Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto:
non chas quero, non chas quero,
que cheiran a chamoso.

23 de noviembre de 2010

DEREITOS DA INFANCIA



O día 20 de novembro celébrase o día do dereitos dos nenos.


Nós,Lucas,Marco e Xesús de 4º querémosvos convidar a coñecer a LUNICEF, un lunni superheroe que quere axudar aos nenos e nenas de todo o mundo.

Pincha aquíhttp://www.unicef.es/educacion

22 de noviembre de 2010

NAVEGA SEGURO


Interesante iniciativa da Consellería de Educación para facer un uso responsable e seguro da rede.
Nais,pais, nenos, nenas, profesoras e profesores:
-MERGULLÁDEVOS NO "PLAN NAVEGA CON RUMBO" http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/index.html

Castañadas 14



O xogo de castañas e aros

Castañadas 13



O xogo dos recolle-castañas

Castañadas 12



O xogo do relevo-castañas.

Castañadas 11



O xogo da castaña quente

Castañadas 10



O xogo de castañas e fariña

Castañadas 9



O xogo de relevo-castañas.

Castañadas 9



O xogo da ra e as castañas.

Castañadas 8



O xogo de recolle-castañas.

Castañadas 7



Chegou o momento de xogar aos bolos.

Castañadas 6


Aquí vemos aos nenos/as de quinto representando unha obra moi xeitosa.

Castañadas 5



Os/as compañeiros/as de cuarto agasalláronnos cunhas adiviñas propias do tempo de outono.

Castañadas 4



Os/as nenos e nenas de terceiro recitáronnos unhas cantigas con temas moi propios do outono.

Castañadas 3



Os rapaces e rapazas de primeiro e segundo contáronnos uns refráns propios desta época.

Castañadas 2



Mirade aos compañeiros e compañeiras de infantil cantando "La castañera".

18 de noviembre de 2010

castañadas 1



Aquí chegou o outono cheo de grandes novas. Nesta época tan especial hai moitas festas que festexar, xa os antigos celtas celebraban o cambio de solticio no samaín e hoxe en día festexamos moitas cousas, entre elas o magosto. No CEIP Antas de Ulla queremos darlle a benvida a esta época coas castañadas 2010. A pasalo ben coas fotos. Deica outra.

28 de septiembre de 2010

NORMAS DO COLEXIO


Somos tres nenos de cuarto.Chamámonos Marco,Xesús e Lucas,queremos escribir 10 ideas para ser responsable e ter moitos éxitos no cole:
1-Traballa con entusiasmo.
2-Aprende con alegría.
3-Coida ben o teu material e o dos demais.
4-Coida o colexio tamen.
5-Comparte cos teus compañeiros.
6-Xoga moito no recreo.
7-Pregunta,se non che sale.
8-Respecta sempre as normas.
9-Cumpre coas túas tarefas.
10-Debes ser bo compañeiro.

27 de septiembre de 2010

Comezando un Novo Curso


Benvidos a este novo curso 2010-2011. Dende todo o equipo docente e a comunidade educativa queremos desexarvos un bo ano académico e tamén darvos ánimos para afrontar este novo ano de estudo e desexar que participedes en tódalas actividades que se propoñan ao longo deste curso escolar.
Un cordial saúdo.

4 de junio de 2010

OBRADOIROS

Obradoiro de manualidades
Obradoiro de barro

Excursión 4º, 5º e 6º

Na catedral de Tui

12 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010

Co gallo das Letras Galegas sae a edición nº 13 do noso xornal escolar ANTA.Podes atopalo na Biblioteca Pública.



O colexio organiza unha exposición de libros antigos ( desde o século XVIII ata os nosos días) e de discos de vinilo.






Abre as súas portas a toda a Comunidade Escolar durante a semana das letras Galegas.Achégate!

29 de abril de 2010

ABRIL, MES DO LIBRO

Lectura e escritura na Biblioteca
Libros debuxados, contados, comentados,...expóñense na Biblioteca Pública.






Os nenos e nenas de E. Primaria presentan e difunden unha serie de libros para soñar, pensar, entreter, coñecer...
NON O PERDAS!

FOTOS ALUMNOS/AS






Visit My Photos - 29 Pics



ALUMNOS/AS COLEXIO







19 de abril de 2010

LIBROS DE INTERESE



TÍTULO:NENAS E NENOS DE TODO O MUNDO
COLECCIÓN:CARTEIRA DE VALORES
AUTOR/A:VICENTE MUÑOZ PUELLES
ILUSTRADORA:MARÍA ESPLUGA
É o primeiro día de Vicente no colexio. Alí coñece a Tutune, unha nena que naceu en Gana.A profesora Amaia lévaos para a clase. Na clase, Amaia ensínalles a gran esfera para falar doutros países. Fan unha festa con cousas tradicionais doutros países.
Airela e Alán ( 2º curso)

12 de abril de 2010

Como nos cuidamos este fin de semana

Alumnos de 3º:
Rubén Portomeñe:
O sábado levantarme, vestirme e almorcei.Xuguei a futbol,e axudeille a miña mai.Ao final cenei e fun a cama.
Iago:o sábado ao levantarme e almorcei .xoguei o futbol. Por último fun á cama.

A vida saudable

A hixiene persoal
Para ter unha vida saudable é necesario coidarse ben, e para coidarse ben e necesario facer o seguinte:
-Lavar a cara ao despertar.
-Lavar os dentes despois de cada comida.
-Comer a comida adecuada e non abusar dos dulces.
-Non abusar de ver a tele porque é malo para a vista.
-Dosificar o tempo diante da pantalla, hai que saber apagala.

Vanesa García, 5º curso.

Partido

O venres xogamos contra Chantada B e os benxamins do Antas ganaron 11 a 1 e os alevíns do Antas perderon 11 a 0






AAAAADDDDDDDDIIIIIIIIOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS


FRAN E MARCOS XOGADORES ANTAS ALEVÍN

9 de abril de 2010

QUE É PARA TI A EDUCACIÓN FÍSICA?

"Para min a Educación Física e una asignatura que temos no colexio, onde nos ensinan a familiarizarnos con varios deportes, así como o exercicio físico. Por exemplo este ano ensináronnos a facer pirámides, e decir distintas figuras so cos nosos corpos , entre varios compañeiros. Tamen aprendemos algo de hockey , baloncesto, etc…así como a manter algo de forma física gracias a diferentes xogos".
Alumno: Roi Lamazares, 5º curso.

"Un deporte no que te podes comunicar cos amigos, no que podes correr, saltar, xogar…"
Alumna: Vanesa García, 5º curso.


"É unha asignatura na que se fai exercicio, sirve para manter o corpo en boa forma física, para ter boa saúde e a min e unha das asignaturas que mais me gusta."
Alumno: Martín, 5º curso.

"Para min a educación física é unha maneira de divertirme é facer unha vida mais saudable."
Alumna: Susana, 5º curso.

23 de marzo de 2010

A celebración do día da Paz

LIBROS DE INTERESE


TÍTULO:SON ESPECIAL PARA OS MEUS AMIGOS
AUTOR/A: JORDI SIERRA I FABRA - ISABEL CARUNCHO
Paulo é un neno con síndrome de Down(SD),non é unha enfermidade, nácese así e non se pode curar; só é unha discapacidade.
Paulo non é tan rápido facendo as cousas nin en aprender.De todas formas ten moitos amigos no colexio.
ALÁN E AIRELA