28 de enero de 2011

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA


Hoxe celebramos no colexio o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA, declarado por primeira vez no ano 1964. Elexiuse, para celebralo, o 30 de XANEIRO para lembrar a morte dun gran líder espiritual e nacional da India, MAHATMA GANDHI. O seu pensamento tiña por principio fundamental a non violencia, e así actuou en numerosas protestas no seu país.
A mensaxe básica deste día é:
" AMOR UNIVERSAL, NON VIOLENCIA E PAZ"
Amor universal mellor que egoísmo.
Non violencia mellor que violencia.
Paz mellor que guerra.
Desde o noso colexio queremos contribuir a este día cun pequeno acto, no que fomos creando entre todos un símbolo de paz acompañado polas nosas mensaxes.
Este símbolo representa a pegada dun ave, dentro do círculo hai catro liñas que se parecen á pisada dun ave. Tivo a etapa máis representativa nos anos 60 coa cultura e movemento hippie.
A pomba branca coñécese en todo o mundo como símbolo de paz, así foi recoñecida tras as guerras ocorridas ao longo do século XX.
Para rematar este acto cantamos todos : " Que vivan a paz e o amor!"
Desfrutamos moito colocando o noso anaquiño. Quedou estupendo!

31 de diciembre de 2010

Mascota Biblioteca


O día 22 fíxose entrega, ao gañador e aos finalistas, dos premios do concurso de mascotas para a Biblioteca. Noraboa a todos!
Presentouse en sociedade a BROLI, a mascota da biblioteca, creación de Roi Lamazares Vázquez de 6º. Con Broli viviremos estupendas experiencias!

NADAL 2010










































































O día 22 desfrutamos dun sensacional festival de Nadal amenizado por todos os nenos e nenas do colexio.
Os máis pequerrechos cantaron " Rodolfo, el reno" e "We wish you a Merry Christmas". Daba xenio velos!
Os de 1º ciclo tiveron moito traballo pois despois de cantar " Campaíña do lugar" e " Nadal, Nadal", representaron " O espírito do Nadal".
Moi interesantes as tradicións de Nadal presentadas por Alex, Airela, Sara, Elizabeth e Lucas de 3º. Que ben o fixeron tamén os de 3º no baile " Santa Claus" e no conto en verso " O gaiteiro".
Espectacular coreografía con cadeiras, aros e globos fixeron os de 4º. Extraordinarias figuras! Eles deleitáronnos tamén con curiosidades e poemas sobre o Nadal.
Para rematar os maiores de 5º e 6º cantaron e tocaron coas frautas " Gatatumba"e " Noite de Paz". Lucas de 6º co seu saxofón " Adeste fideles" e todos os de 6º bailaron " Os duendes marchosos". Foi marabilloso!
Estupendos e habilidosos presentadores e presentadoras que guiaron en todo momento a festa coas súas ocorrencias e chistes. Noraboa 6º!
Foi un festival realizado con moita ilusión por todos, alumnado e profesorado.