1 de diciembre de 2010

Mural de outono 3

Aquí veñen os/as compañeiros/as de quinto para ensinarnos esta obra de teatro feita por eles. A pasalo ben.

Profe: - Bos días rapaces!
Todos: Bos días profe!
P: Sabedes que se celebra hoxe?
T: O Magosto!
P: E cal é o froito do MAGOSTO?
T: A CASTAÑA!
P: E a árbore da castaña é...
T: O castiñeiro
P: E moitos castiñeiros xuntos... como se chama?
T: Souto!...
O texto non se inclúe completo porque é moi longo.

Ademáis da obra de teatro tamén temos unhas adiviñas feitas polos compañeiros/as de sexto:

Cal é a ave que non ten peito
e cría, que da alegría aos mortos
e de comer aos vivos?

Alta estou,
caperuzas teño,
vexo vir aos mouros,
e non me defendo.

Plántanme de verde
e sácanme de seca.
Que é...

Que cousiña é que
chega o monte e pela
Que é...

Aínda que repleta de grans
dalle nome a unha cidade
e refresca os meus veráns
con zume de calidade
Que é...

25 de noviembre de 2010

Murais de Outono 2


Os/as compañeiros/as de terceiro de primaria preséntannos as seguintes cantigas. Afinade as gorxas, jejeje!.

Santiña do Soutarelo,
bota castañas abaixo;
que se non teño mantelo,
collereinas no refaixo.

A castaña no ourizo
quixo rir e rebentou,
caeu do castaño abaixo,
mira que golpe levou!

As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos;
os ollos da túa cara,
para min son dous feitizos.

A castaña está no berce
nun ourizo acochada,
pendurando dunha póla,
a carón doutras castañas.

Pola noite o castiñeiro
conta historias xa pasadas,
fala sempre dos magostos
que no outono se argallaban.

A continuación os/as compañeiros/as de cuarto traennos unhas adiviñas ven xeitosas, a ver se tedes sorte e as respostas encontrades. Ánimo!

Ten pelexo coma a xente
e é moi boa para comer;
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tes.

En alto nacín,
entre a terra e o ceo;
se algunha vez me río
téñocho todo perdido.

Unha señora,
moi enseñorada,
deu unha risada
e quedou sen nada.

Tamén os de cuarto nos traen uns ditos popolares.

- Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.
- Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe o viño.
- O verán de San Martiño, dura en canto cruzas o camiño.
- O que non sabe mañas, non asa castañas.
- En San Martiño, proba o teu viño.

Desexamos que vos gustasen.

Murais de Outono 1

Aquí temos o mural dos nosos compañeiros e das nosas compañeiras de primeiro ciclo para este outono 2010-2011. Ademáis para festexar o Magosto decidiron escribir o seguinte texto para explicarnos esta tradición tan popular na nosa terra. A disfrutalo:
O MAGOSTO
A tradición en Galicia sitúa ao redor destas datas o tempo de recollección das castañas e o dos primeiros magostos. Vén sendo unha festa de raizame popular onde se xuntan os veciños para asar as castañas e abillar o pipote de viño novo. Entre outros costumes, había aquel de tizarse coa cinza do braseiro, para remataren con cantigas e pandeiretadas.

Ademáis desta introducción do magosto temos para vós tamén uns poemas ben xeitosos. A pasalo ben!

Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas,
para comer coas mozas
catro castañas asadas.

O que non ten mañas
non come castañas.

Alto me vexo
no meu capelexo,
por unha risada
quedeime sen nada.

Alto vivo,
mírame a xente,
e se me río,
quedo sen dente.

Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto:
non chas quero, non chas quero,
que cheiran a chamoso.

23 de noviembre de 2010

DEREITOS DA INFANCIA



O día 20 de novembro celébrase o día do dereitos dos nenos.


Nós,Lucas,Marco e Xesús de 4º querémosvos convidar a coñecer a LUNICEF, un lunni superheroe que quere axudar aos nenos e nenas de todo o mundo.

Pincha aquíhttp://www.unicef.es/educacion

22 de noviembre de 2010

NAVEGA SEGURO


Interesante iniciativa da Consellería de Educación para facer un uso responsable e seguro da rede.
Nais,pais, nenos, nenas, profesoras e profesores:
-MERGULLÁDEVOS NO "PLAN NAVEGA CON RUMBO" http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/index.html

Castañadas 14



O xogo de castañas e aros