22 de noviembre de 2010

Castañadas 7



Chegou o momento de xogar aos bolos.

Castañadas 6


Aquí vemos aos nenos/as de quinto representando unha obra moi xeitosa.

Castañadas 5



Os/as compañeiros/as de cuarto agasalláronnos cunhas adiviñas propias do tempo de outono.

Castañadas 4



Os/as nenos e nenas de terceiro recitáronnos unhas cantigas con temas moi propios do outono.

Castañadas 3



Os rapaces e rapazas de primeiro e segundo contáronnos uns refráns propios desta época.

Castañadas 2



Mirade aos compañeiros e compañeiras de infantil cantando "La castañera".

18 de noviembre de 2010

castañadas 1



Aquí chegou o outono cheo de grandes novas. Nesta época tan especial hai moitas festas que festexar, xa os antigos celtas celebraban o cambio de solticio no samaín e hoxe en día festexamos moitas cousas, entre elas o magosto. No CEIP Antas de Ulla queremos darlle a benvida a esta época coas castañadas 2010. A pasalo ben coas fotos. Deica outra.

28 de septiembre de 2010

NORMAS DO COLEXIO


Somos tres nenos de cuarto.Chamámonos Marco,Xesús e Lucas,queremos escribir 10 ideas para ser responsable e ter moitos éxitos no cole:
1-Traballa con entusiasmo.
2-Aprende con alegría.
3-Coida ben o teu material e o dos demais.
4-Coida o colexio tamen.
5-Comparte cos teus compañeiros.
6-Xoga moito no recreo.
7-Pregunta,se non che sale.
8-Respecta sempre as normas.
9-Cumpre coas túas tarefas.
10-Debes ser bo compañeiro.

27 de septiembre de 2010

Comezando un Novo Curso


Benvidos a este novo curso 2010-2011. Dende todo o equipo docente e a comunidade educativa queremos desexarvos un bo ano académico e tamén darvos ánimos para afrontar este novo ano de estudo e desexar que participedes en tódalas actividades que se propoñan ao longo deste curso escolar.
Un cordial saúdo.