O colexio comezou a funcionar no ano 1971. Situado na lonxitude 7º53´25" O, latitude 42º46´57" N e cunha altitude de 555m. A 3 Km. do colexio atópase o centro xeográfico de Galicia.
17 de diciembre de 2011
1 de diciembre de 2011
30 de noviembre de 2011
21 de noviembre de 2011
Orixe do Magosto
Aquí tedes este vídeo do Magosto feito por estes compañeiros de quinto de primaria. Desexamos que vos guste.
Froitos de Outono
Mural de Outono
12 de noviembre de 2011
O Samaín e o Halloween
Benvidos a este novo curso
Aquí estamos un ano máis no blog do colexio. Toda a Comunidade Educativa estamos encantados de compartir neste espazo web actividades diferentes e interesantes para este curso 2011-2012. Ademais queríamos informar de que no taboleiro da entrada no interior do cole tedes un espazo que se chama: as novas de Broli, no que se irán poñendo carteis informativos de actividades que se colgarán no blog do centro para que as poidades comentar e visualizar.
Un saúdo moi forte.
Un saúdo moi forte.
27 de octubre de 2011
Tempo de outono
Aquí tedes esta historia de medo que nos traen os nosos compañeiros de segundo para este tempo de Samaín. A pasalo ben.
8 de junio de 2011
Convivencia en Lalín: Opinións
Vanesa C, Roi, Alba e Susana de sexto elaboraron este pequeno traballo para darnos as súas opinións acerca desta actividade de Educación Física. Esperan e desexan que vos gustara, animádevos e opinade.
Saída a Allariz
O pasado día 26-05-2011 realizamos unha saída a Allariz e Ourense. Nesta visita participaron os rapaces e as rapazas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

A saída do centro foi ás 10:00 e chegamos a Allariz ás 11:30. Fixemos un percorrido polo paseo fluvial da vila, unha paisaxe digna de visitar, con torrentes, pontes de madeira, ocas e moitos lugares cheos dun encanto máxico, como o xardín xigante.
Ás 12:00 xuntámonos coa guía que nos levou ao museo do burato no que nos explicou as partes e o funcionamento dun muíño antigo.
A continuación, seguimos a Aldara polas rúas da zona antiga da vila ata chegar ao museo do xoguete. Quedamos abraiados pola amabilidade da xente, o coidado e limpeza extremos en todo o lugar, foi unha experiencia moi gratificante. Recomendámola sen dúbida algunha.

No museo do xoguete Aldara explicounos todas as marabillas que alí gardaban, sendo o que máis lles gustou o futbolín inglés, as casiñas e obxetos de minuatura e as sombras chinesas.

A continuación dirixímonos ao camping para comer e gozar dun tempo de lecer. O que máis lles chamou a atención foi a doma de cabalos.

Antes de despedirnos da vila fomos a ver o entorno natural de ecoespazo do Rexo, onde estaban situadas as pinturas de Agustín Ibarrola.

Por último, fixemos unha parada en Ourense para merendar e ver as burgas, que causaron unha gran emoción nos rapaces e rapazas. Deica outra.

28 de mayo de 2011
EXCURSIÓN Á CORUÑA
Chegamos á Coruña sobre as 10.15h. da mañá.
Primeiro fomos ao acuario Finisterrae e a guía, Mónica, fíxonos un resumo do que podíamos ver.Despois vimos todos os peixes do acuario:quenllas, focas ,polbos,etc.
A continuación fomos á Casa das Ciencias, na primeira planta o que máis nos gustou foi un péndulo que ao cabo do día tiraba as 24 picas que había ao seu redor, tamén había unha incubadora de polos. Despois subimos á segunda planta e nela había diversos aparellos, máis tarde subimos á última planta onde vimos unha película que trataba sobre un vampiro.
Xa era mediodía e fomos comer. Había sopa, caldo vexetal, patacas con filete rebozado, e de postre xeado de chocolate. Todo estaba riquísimo!
Despois de xantar fomos visitar a Casa do Home onde había esculturas coma o home máis alto do mundo, xogos e vimos unha película en 3D que trataba dun safari.
Finalmente queriamos facer unha visita á torre de Hércules e ao castelo de San Antón, pero non quedaba tempo e fixémolo desde o autobús. Tivémonos que conformar véndoos desde o autobús, pero gustaríanos subir á torre de Hércules.
Así foi a nosa excursión: divertida, didáctica e pasámolo moi ben.
FINPrimeiro fomos ao acuario Finisterrae e a guía, Mónica, fíxonos un resumo do que podíamos ver.Despois vimos todos os peixes do acuario:quenllas, focas ,polbos,etc.
A continuación fomos á Casa das Ciencias, na primeira planta o que máis nos gustou foi un péndulo que ao cabo do día tiraba as 24 picas que había ao seu redor, tamén había unha incubadora de polos. Despois subimos á segunda planta e nela había diversos aparellos, máis tarde subimos á última planta onde vimos unha película que trataba sobre un vampiro.
Xa era mediodía e fomos comer. Había sopa, caldo vexetal, patacas con filete rebozado, e de postre xeado de chocolate. Todo estaba riquísimo!
Despois de xantar fomos visitar a Casa do Home onde había esculturas coma o home máis alto do mundo, xogos e vimos unha película en 3D que trataba dun safari.
Finalmente queriamos facer unha visita á torre de Hércules e ao castelo de San Antón, pero non quedaba tempo e fixémolo desde o autobús. Tivémonos que conformar véndoos desde o autobús, pero gustaríanos subir á torre de Hércules.
Así foi a nosa excursión: divertida, didáctica e pasámolo moi ben.
Martín Portomeñe
Ismael Torres
Ismael Torres
24 de mayo de 2011
22 de mayo de 2011
O Día das Letras Galegas
Para festexar estas datas nas que se lembra un día moi especial na nosa cultura: O día das letras galegas. No CEIP Antas de Ulla expuxemos uns carteis da vida e obra do autor homenaxeado: Lois Pereiro. Os nosos compañeiros e as nosas compañeiras de sexto, de tódolos carteis expostos, escolleron dous para facer a súa homenaxe persoal a este autor. Os carteis seleccionados foron o número 13 e o 15. No primeiro, os rapaces fan referencia a un momento da vida de Lois no que a súa amiga e amada, Piedad Cabo, marchou aos Estados Unidos, eles falan dos sentimentos do autor e de como foi esta época na súa vida e como homenaxe escribiron unha carta como se fosen o propio Lois. Aquí tedes a carta escrita:
Querida P:
Desde tan lonxe te escribo que non sei se as miñas palabras chegarán a ti. Os días fánseme longos pensando na túa volta, en poder pasear e charlar como faciamos antes. Intento que me guste a xente que me rodea, e vouno conseguindo, pero ninguén es ti.
Unha aperta
Good bye
Lois.
No cartel número 15 os rapaces e as rapazas refírense ao Día das Letras Galegas con palabras que poderían expresar sentimentos ou aspectos relacionados co mesmo, como por exemplo:
HOMENAXE, AUTOR, PAÍS, LIBRO, ORGULLO, IDIOMA, TRABALLO, LEDICIA, CREATIVIDADE, FESTA, VIDA, LER, ESCRIBIR, POESÍA, NOVELA, TEATRO, LITERATURA, PÁXINAS, PALABRAS, AMOR, HISTORIAS, AUTOESTIMA, SATIFACCIÓN, CULTURA, GALICIA.
Estes son só uns exemplos dunha actividade moi elaborada para festexar este día tan importante para nós, polo que dende o centro vos animamos a que lle botedes un ollo ou os dous aos carteis expostos nos cristais do vestíbulo. Un saúdo e deica outra. (aquí vos quedan unhas fotos deste día).

19 de mayo de 2011
A pasalo ben coas fábulas
Para que o pasemos ben estes días nos que nos lembramos das letras galegas, os nosos compañeiros e as nosas compañeiras de terceiro fixeron uns contos e unhas fábulas moi divertidas. Se queredes pasar un bo rato, botádelle un ollo o taboleiro do segundo ciclo, xa sabedes onde está. Un saúdo a todos.
Aquí tedes unhas fotos. Desexamos que vos gusten.
Uns marcapáxinas moi especiais
Como podedes ver na entrada do colexio temos expostos os marcapáxinas realizados polos rapaces e rapazas do Ceip Antas de Ulla. Para tal fin empregáronse diferentes técnicas e materiais, como por exemplo: papel reciclado (podedes ver a súa elaboración noutro post neste blog). Son unhas auténticas obras de arte, animámosvos a que as vexades, pero no caso de que non poidades, aquí tedes unha pequena mostra.
PAPEL RECICLADO
Preparados/as?
Paso 1
Necesitamos:
Xornais
Un recipiente
Auga morna
Facemos cachiños co papel de periódico.
PASO 4
Necesitamos:
Necesitamos:
Unha tea
Rodillos
Rodillos
Poñemos unha tea por arriba e outra por abaixo, pasámoslle un rodillo para que quede lisiño.
Despois, sacamos a rejilla.
Poñémolo a secar.
E, por último, que facemos con el? Pois por exemplo uns marabillosos marcapáxinas decorados con motivos primaverais ( flores, herbas,...).
ANÍMATE! PASARÁS UN BO RATO.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)