O colexio comezou a funcionar no ano 1971. Situado na lonxitude 7º53´25" O, latitude 42º46´57" N e cunha altitude de 555m. A 3 Km. do colexio atópase o centro xeográfico de Galicia.
23 de marzo de 2010
LIBROS DE INTERESE

TÍTULO:SON ESPECIAL PARA OS MEUS AMIGOS
AUTOR/A: JORDI SIERRA I FABRA - ISABEL CARUNCHO
Paulo é un neno con síndrome de Down(SD),non é unha enfermidade, nácese así e non se pode curar; só é unha discapacidade.
Paulo non é tan rápido facendo as cousas nin en aprender.De todas formas ten moitos amigos no colexio.
ALÁN E AIRELA
18 de marzo de 2010
Blog amigas de Educación Física
Nesta páxina http://mvillard.wordpress.com/ podedes ver vídeos, humor, documentación relacionada coa Educación Física.
Ademais ten enlaces para acceder a outros blogs.
Ademais ten enlaces para acceder a outros blogs.
Educación Física
17 de marzo de 2010
FOMENTO DA LECTURA
5 de marzo de 2010
Jokin.
Hoxe, na clase de Educación para a Cidadanía lemos unha historia sobre un rapaz chamado Jokin.Este rapaz soportaba humillacións e ataques dos seus compañeiros.Os dous últimos días da súa vida non acudiu ás clases porque non aguantaba máis;pero sabía que algún día tería que saír á rúa.Non lle contou nada a ninguén,excepto a unha amiga da que se despediu polo messenger:"Prefiro morrer coma un covarde ca vivir covardemente.Saíu de madrugada coa súa bicicleta,chegou deica o alto da muralla e saltou ao baleiro.Se o escoitasen no seu momento o rapaz non tomaría unha decisión tan terrible.
Aquí vos deixamos unha páxina web para que obteñades información.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)