"Pero... Que lles pasa aos nenos cos libros"
Hola son o libro de Gero Stil e queróvos contar unha cousa que xa sabedes. Unha cousa que de seguro estades fartos de oíla. A cousa é que xa sabedes que hai distintos tipos de libros, por exemplo: de medo, de fantasía, de gracia, etc. Algúns gustan máis que outros pero eso non quere dicir que non os poidades ler.
Vouvos contar unha historia que aos libros provócanos auténtico medo.
Todo comezou nunha tarde cando o rei e a raiña dixeron:
- Queridos libros, temos que dicirvos unha cousa boa e outra mala.
Todos os libros miráronse e comezaron a falar. O rei mandou calar de seguido. Cando todos calaron seguiu co seu discurso.
-A mala nova é que na nosa biblioteca hai un cartel que pon: Queimaremos todos os libros para nenos, imos por vós! Pero a boa nova é que hai unha nena que vos quere mercar.
- A esa nena, encántanlle os libros para nenos! dixo a raíña.
Cando chegou a nena, mercou todos os libros e leu os contos, dos máis pequenos, a súa irmanciña. E os dos máis grandes, levóunos para o seu cuarto, para leelos todas as noites ata que non quedara ningún sen ler.