Antes de comezar a falar dos pazos e igrexas debemos saber o que son:
Un pazo é unha porción de terreo na que se atopa unha gran casa e un gran xardín con elementos decorativos.Na maioría das ocasións conteñen capela propia.
Unha igrexa é unha construción de carácter relixioso na que se celebran misas e outros rituais católicos.
Se algo non falta no concello de Antas de Ulla é historia.Onde máis historia se pode atopar é nas igrexas(actas de nacemento antigas,diversas esculturas e cruceiros...)e nos pazos(pequenos monumentos de culto,aparellos para a mantención da casa...)Neste concello hai un gran número de igrexas e pazos.Os máis destacados son:
- Fortaleza de Castro de Amarante: Construida no século XIII polos condes de Amarante,Familia Noguerol.Aínda se conserva unha planta oval,a cal se presume que puido ser unha torre ou un reduto central, ao cal se accede por unha planta oxival.
Igrexa de santa Mariña, pazo: Probablemente dos anos 1150 e 1160. Está composto por capiteis.
Igrexa románica de San Salvador de Vilanuñe: Destaca a súa nave e o seu ábside.O seu portal principal é o máis interesante, xa que a súa fermosa cantería está moi ben decorada.
Igrexa románica de Amoexa: Igrexa de finais do século XII, posúe unha nave rectangular e ábsides semicirculares, e un amplo cobertizo soportado por tres pilares.O máis representativo son os seus ábsides, xa que por dentro e por fóra están moi ben decorados.
Cabe mencionar as arquitecturas civís e militares como:
Casa Grande de Vilasión,que é de estilo barroco,o Pazo de Vilane,Casa do Cervelo,que foi unha fortaleza medieval,Casa do Condado,que era onde estaba a Torre dos Amarante e a Casa do Pazo, en Dorra.
ANTIA MONTES COEGO 5º
Grazas Antía polo teu traballo.
ResponderEliminarExposicións como a túa axúdanos a todos a coñecer un pouquiño mais e mellor a nosa historia.
Animo.
J Doval.