Mostrando entradas con la etiqueta Libros 1º ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros 1º ciclo. Mostrar todas las entradas

19 de abril de 2010

LIBROS DE INTERESE



TÍTULO:NENAS E NENOS DE TODO O MUNDO
COLECCIÓN:CARTEIRA DE VALORES
AUTOR/A:VICENTE MUÑOZ PUELLES
ILUSTRADORA:MARÍA ESPLUGA
É o primeiro día de Vicente no colexio. Alí coñece a Tutune, unha nena que naceu en Gana.A profesora Amaia lévaos para a clase. Na clase, Amaia ensínalles a gran esfera para falar doutros países. Fan unha festa con cousas tradicionais doutros países.
Airela e Alán ( 2º curso)

23 de marzo de 2010

LIBROS DE INTERESE


TÍTULO:SON ESPECIAL PARA OS MEUS AMIGOS
AUTOR/A: JORDI SIERRA I FABRA - ISABEL CARUNCHO
Paulo é un neno con síndrome de Down(SD),non é unha enfermidade, nácese así e non se pode curar; só é unha discapacidade.
Paulo non é tan rápido facendo as cousas nin en aprender.De todas formas ten moitos amigos no colexio.
ALÁN E AIRELA

23 de febrero de 2010

LIBROS DE INTERESE

"QUEN NECESITA UN SOMBREIRO MÁXICO?"
Sabela Castiñeiro Portela tiña un sombreito máxico, pedialle todo o que quería, pero un día non lle trouxo nada de nada. O sombreiro deixoulle unha nota...Sabedes que lle pediu?
Pediulle estar máis tempo cos seus pais.
Sigamos coa nota.
A nota dicía:" Non podo darche iso"
Catuxa, unha nena da súa escola, díxolle a Sabela que ela tamén tiña unha gorra máxica, era máxica para Catuxa porque ela xogaba coa súa imaxinación.
Ao final todos, incluida Sabela, trouxeron un obxecto máxico ao colexio.
Sabela deuse conta de que non se necesita ter tantas cousas para ser feliz e para ter amigos.
Que vos parece isto?
ALÁN E AIRELA

26 de enero de 2010

LIBROS DE INTERESE

A BRUXA ENRABECHADA ( CARTEIRA DE VALORES)
Era unha vez unha bruxa que se chamaba Damedá. Damedá encontrou un papel dunha receita...
Que receita será? De quen será a receita?
Amiguiños é a receita dunha beberaxe verde para que lle medre o nariz e as orellas á xente.
Fixo a receita , pero nun descoido alguén lle rompeu a ola.
Quen lle rompeu a ola?
A bruxa que máis mandaba poderá resolver este problema?
É un bo conto para o día da Paz.

Airela e Alán.

19 de enero de 2010

LIBROS DE INTERESE

Este libro titúlase " Arroz e tinta" , é da colección Carteira de valores e trata sobre unha avoa que era árabe e estaba cega, ela nunca estivera na cidade.O seu fillo mándalle ir a pola súa neta . A avoa merca arroz e tinta.
PARA QUE QUERERÁ A AVOA O ARROZ E A TINTA?
COMO SE ARREGLARÁ NA CIDADE?
CHEGARÁ AO COLEXIO?
LEDE O LIBRO, MERECE A PENA!


Alán e Airela