O colexio comezou a funcionar no ano 1971. Situado na lonxitude 7º53´25" O, latitude 42º46´57" N e cunha altitude de 555m. A 3 Km. do colexio atópase o centro xeográfico de Galicia.
25 de noviembre de 2010
Murais de Outono 2
Os/as compañeiros/as de terceiro de primaria preséntannos as seguintes cantigas. Afinade as gorxas, jejeje!.
Santiña do Soutarelo,
bota castañas abaixo;
que se non teño mantelo,
collereinas no refaixo.
A castaña no ourizo
quixo rir e rebentou,
caeu do castaño abaixo,
mira que golpe levou!
As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos;
os ollos da túa cara,
para min son dous feitizos.
A castaña está no berce
nun ourizo acochada,
pendurando dunha póla,
a carón doutras castañas.
Pola noite o castiñeiro
conta historias xa pasadas,
fala sempre dos magostos
que no outono se argallaban.
A continuación os/as compañeiros/as de cuarto traennos unhas adiviñas ven xeitosas, a ver se tedes sorte e as respostas encontrades. Ánimo!
Ten pelexo coma a xente
e é moi boa para comer;
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tes.
En alto nacín,
entre a terra e o ceo;
se algunha vez me río
téñocho todo perdido.
Unha señora,
moi enseñorada,
deu unha risada
e quedou sen nada.
Tamén os de cuarto nos traen uns ditos popolares.
- Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.
- Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe o viño.
- O verán de San Martiño, dura en canto cruzas o camiño.
- O que non sabe mañas, non asa castañas.
- En San Martiño, proba o teu viño.
Desexamos que vos gustasen.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario