Aquí temos o mural dos nosos compañeiros e das nosas compañeiras de primeiro ciclo para este outono 2010-2011. Ademáis para festexar o Magosto decidiron escribir o seguinte texto para explicarnos esta tradición tan popular na nosa terra. A disfrutalo:
O MAGOSTO
A tradición en Galicia sitúa ao redor destas datas o tempo de recollección das castañas e o dos primeiros magostos. Vén sendo unha festa de raizame popular onde se xuntan os veciños para asar as castañas e abillar o pipote de viño novo. Entre outros costumes, había aquel de tizarse coa cinza do braseiro, para remataren con cantigas e pandeiretadas.
Ademáis desta introducción do magosto temos para vós tamén uns poemas ben xeitosos. A pasalo ben!
Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas,
para comer coas mozas
catro castañas asadas.
O que non ten mañas
non come castañas.
Alto me vexo
no meu capelexo,
por unha risada
quedeime sen nada.
Alto vivo,
mírame a xente,
e se me río,
quedo sen dente.
Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto:
non chas quero, non chas quero,
que cheiran a chamoso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario