A saída do centro foi ás 10:00 e chegamos a Allariz ás 11:30. Fixemos un percorrido polo paseo fluvial da vila, unha paisaxe digna de visitar, con torrentes, pontes de madeira, ocas e moitos lugares cheos dun encanto máxico, como o xardín xigante.
Ás 12:00 xuntámonos coa guía que nos levou ao museo do burato no que nos explicou as partes e o funcionamento dun muíño antigo.
A continuación, seguimos a Aldara polas rúas da zona antiga da vila ata chegar ao museo do xoguete. Quedamos abraiados pola amabilidade da xente, o coidado e limpeza extremos en todo o lugar, foi unha experiencia moi gratificante. Recomendámola sen dúbida algunha.
No museo do xoguete Aldara explicounos todas as marabillas que alí gardaban, sendo o que máis lles gustou o futbolín inglés, as casiñas e obxetos de minuatura e as sombras chinesas.
A continuación dirixímonos ao camping para comer e gozar dun tempo de lecer. O que máis lles chamou a atención foi a doma de cabalos.
Antes de despedirnos da vila fomos a ver o entorno natural de ecoespazo do Rexo, onde estaban situadas as pinturas de Agustín Ibarrola.
Por último, fixemos unha parada en Ourense para merendar e ver as burgas, que causaron unha gran emoción nos rapaces e rapazas. Deica outra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario