22 de mayo de 2011

O Día das Letras Galegas

Para festexar estas datas nas que se lembra un día moi especial na nosa cultura: O día das letras galegas. No CEIP Antas de Ulla expuxemos uns carteis da vida e obra do autor homenaxeado: Lois Pereiro. Os nosos compañeiros e as nosas compañeiras de sexto, de tódolos carteis expostos, escolleron dous para facer a súa homenaxe persoal a este autor. Os carteis seleccionados foron o número 13 e o 15. No primeiro, os rapaces fan referencia a un momento da vida de Lois no que a súa amiga e amada, Piedad Cabo, marchou aos Estados Unidos, eles falan dos sentimentos do autor e de como foi esta época na súa vida e como homenaxe escribiron unha carta como se fosen o propio Lois. Aquí tedes a carta escrita:
Querida P:
Desde tan lonxe te escribo que non sei se as miñas palabras chegarán a ti. Os días fánseme longos pensando na túa volta, en poder pasear e charlar como faciamos antes. Intento que me guste a xente que me rodea, e vouno conseguindo, pero ninguén es ti.
Unha aperta
Good bye
Lois.


No cartel número 15 os rapaces e as rapazas refírense ao Día das Letras Galegas con palabras que poderían expresar sentimentos ou aspectos relacionados co mesmo, como por exemplo:
HOMENAXE, AUTOR, PAÍS, LIBRO, ORGULLO, IDIOMA, TRABALLO, LEDICIA, CREATIVIDADE, FESTA, VIDA, LER, ESCRIBIR, POESÍA, NOVELA, TEATRO, LITERATURA, PÁXINAS, PALABRAS, AMOR, HISTORIAS, AUTOESTIMA, SATIFACCIÓN, CULTURA, GALICIA.

Estes son só uns exemplos dunha actividade moi elaborada para festexar este día tan importante para nós, polo que dende o centro vos animamos a que lle botedes un ollo ou os dous aos carteis expostos nos cristais do vestíbulo. Un saúdo e deica outra. (aquí vos quedan unhas fotos deste día).













No hay comentarios:

Publicar un comentario