28 de marzo de 2011

A GRANXA

1PARIDEIRA 2 CORTELLOS DOS BECERROS 3SALA DE ESPERA 4SALA DE MUXIDO 5BAÑO 6OFICINA 7LEITERÍA 8 CAMAS DAS VACAS 9CORREDOR 10CORREDOR DE ATRÁS 11CORREDOR DE ADIANTE 12CORNADIZA (ONDE SE TRABAN AS VACAS)




Para facer unha granxa,o primeiro que hai que facer é unha explanada para sacar a terra branda e chegar ata o terreo duro.

Facemos unha cimentación onde logo van as columnas,as vigas de formigón,e as viguetas para cubrila despois de uralita ou chapa.Ao final cerrámola de bloque ou tamén con paneis que xa veñen fabricados facendo a parede.

No interior hai un corredor de alimentación cunha cornadiza para poder trabar ou non as vacas.Logo hai un corredor ancho,por onde andan as vacas e tamén poden comer,despois están os cubículos para descansar as vacas, unhas enfronte das outras.Estes cubículos poden ser de moitas maneiras:de gomas,en colchonetas,en cemento ou palla,sendo esta última a mellor opción por ser na que mellor descansan.

Logo hai outro corredor máis estreito por onde están os bebedoiros.

Hai unha sala de muxido coa súa sala de espera onde as vacas están esperando para ser muxidas.Hai unha leitería,unha oficina e un baño.

Por último está a parideira e tamén uns Boxes,é dicir,uns cortellos para que os becerros estean cada un só.



ERICA GAYOSO BLANCO 5º

No hay comentarios:

Publicar un comentario