26 de noviembre de 2009

O director contesta

En resposta ás vosas peticións :
Hai un refrán que di " A miña barriga chea aínda que sexa de area", pero isto non é todo verdade. A alimentación ten que ser completa e debe conter todos os nutrientes que o organismo necesita, por iso debemos comer de todo. As espinacas son unha boa fonte de minerais e vitaminas.
O exercicio físico é moi importante para un correcto desenvolvemento e fonte de saúde ao mesmo tempo, pero o horario dedicado a el ben dado pola Consellería de Educación e non pode modificarse. Aproveitade os recreos para xogar.
Continuade coas vosas suxestións , opinións e peticións.
Ata sempre.

1 comentario:

  1. Os tres rapaces de 6º estamos de acordo con vostede sobre a alimentación . Chamounos moito a atención o caso do neno ourensán,non nos gustaría estar no seu caso, aínda que nos gustan moito as lambetadas.Hoxe temos de aniversario á nosa compañeira Ana. Parabéns Ana!

    ResponderEliminar